BoxeoDeportesÚltima hora

Xuntanza no Barco de membros das diferentes delegacións do Graíño Team de deportes de contacto

 

Leva aberto máis dun mes pero era hoxe cando o novo local do Centro Deportivo Valsport, no Barco de Valdeorras, especializado en deportes de contacto, reunía a unha boa representación das diferentes delegacións do Graíño Team.

Boxeo, Kick Boxing, Grappling, MMA e Cross Training. Son os deportes que se practican na nova sala, xusto enfronte do centro de fitness e musculación (rúa Eulogio Fernández, 73) e que na mañá deste sábado 24 de outubro, facían os asistentes ao curso impartido por David Graíño, fundador do club.

 

 

“Hoxe temos aquí unha pequena representación das delegacións de Ribadeo, A Coruña, San Pedro de Nós (O Burgo), Laracha, Carballo e O Barco. Uns entran e outros saen pero imos crecendo, de feito temos pendente abrir algunha delegación nova”, explica o propio David, indicando que levan trinta anos adestrando e que hoxe están no Barco para coñecer as novas instalacións e “facer piña e grupo”, puntualiza Luis Pardo, á fronte do equipo barquense. De feito o vindeiro mes irán tamén a inaugurar as novas instalacións en Ribadeo.

David Graíño foi o primeiro profesor en Galicia hai tres décadas e a partir de aí foron xurdindo outros clubs e profesores “uns xúntanse con nós, outros sepáranse e forman o seu propio club pero o 80% dos que hai agora saíro do Graíño”, di David antes de continuar coa clase maxistral.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button