ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Xuntanza o 12 de agosto para ver a eclipse de sol no Castelo de Viana, con reparto gratuíto de gafas ás 300 primeiras persoas en chegar

 

Viana do Bolo tamén se prepara para vivir o vindeiro mércores 12 de agosto un dos fenómenos astronómicos máis extraordinarios que se poden contemplar: a eclipse total de sol. Neste senso, o Concello organizará unha “xuntanza aberta a toda a veciñanza para vivir este momento histórico nun escenario privilexiado: o Castelo de Viana do Bolo”. Será ás 19:45 horas.

Ademais, realizarase o reparto gratuíto de gafas homologadas para a observación segura da eclipse ás 300 primeiras persoas en chegar. “Será unha oportunidade única para compartir este espectacular acontecemento coa túa familia, amizades e veciñanza, desfrutando dun fenómeno irrepetible nun entorno tan emblemático como o noso castelo”, din dende o Concello de Viana do Bolo.

 

Back to top button