CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima horaVídeos

XXII Xuntanza da Asociación de Antigos Alumnos de Santa Leonor, en Trives

 

Décadas despois do peche das súas portas como centro de ensino, o Colexio Santa Leonor-Virxe da Luz de Trives volvía a acoller aos que foron os seus estudantes. Un verán máis, e xa van 22, organizábase neste 10 de agosto a Xuntanza da Asociación de Antigos Alumnos de Santa Leonor, que preside Berardo Araújo.

O encontro comezaba, como vén sendo costume, cunha misa na capela do colexio, oficiada polo padre Carlos, e na que Paco Cosío, un dos asociados, tocaba un dos seus instrumentos antigos. Na cerimonia relixiosa tamén se rendía unha homenaxe ao sacerdote e antigo alumno Pablo Pérez, que falecía hai 15 anos. Así empregábanse o caliz, a casulla e o hostiario co que el cantaba misa por primeira vez.

https://youtube.com/shorts/LeGhhDRJFOw?feature=share

 

Despois dábase paso á asemblea da entidade na que, entre outras cuestións, facíase unha lembranza a tres persoas falecidas no último ano: un dos irmáns de La Salle, a esposa dun membro da asociación, José Luis Machacón, e a un antigo alumno, José Daniel Pérez Villarino.

 

 

Ao remate da asemblea, os participantes dirixíanse á sede da asociación, situada agora nos sotos do Edificio Santa Leonor, onde podían ver unha exposición de fotos, beléns e antigos aparatos eléctricos.

 

 

Xa ás dúas da tarde dábase paso ao xantar, tamén en Santa Leonor, no que participaban unhas 85 persoas. O menú, servido por Mantesil, incluía empanada, langostinos e cabrito. Como sobremesa podía desfrutarse da bica e tamén de “hojaldres de Torrelavega”, cortesía de Paco Cossío.

Fotos: O SIL , agás as catro últimas da galería que son cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button