EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Yolanda Díaz coñece en Manzaneda varios proxectos socioeconómicos que apostan polo rural

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social tamén se achegaba a un souto afectado polo lume e descubría como a veciñanza loitaba contra o incendio neste municipio

 

No marco da visita que neste venres 12 de setembro realizaba ao oriente ourensán da vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, tamén se achegaba ata Manzaneda, outro concello afectado neste agosto pola vaga de lumes. Estaba acompañada pola secretaria de Estado de Economía Social, Amparo Merino, ademais de polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e polo alcalde de Manzaneda, Amable Fernández.

 

 

Alí reuníase con representantes de diversos proxectos socioeconómicos de posta en valor do rural, neste caso, das zonas de alta montaña. É o caso Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, adicada á recuperación de soutos abandonados e á elaboración de produtos de castaña, entre eles bica, fariña, castañas secas e folerpas.

 

 

Neste encontro, tamén participaban representantes de Outonía Cooperativa, da Asociación de Mulleres Rurais Algueirada e do establecemento de turismo rural Casa da Pena, así como cunha gandeira e apicultora.

Ademais, a vicepresidenta segunda do Goberno achegábase a unha de soutos afectada polos lumes e alí coñecía o esforzo e labor colectivo da veciñanza, coordinada polos equipos de extinción, que logrou frear o avance do incendio.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button