
Hai apenas tres días que comezaban as actividades nas Escolas Deportivas Municipais, organizadas pola Concellería de Deportes do Concello do Barco e varias delas teñen xa a matrícula completa. No apartado de aldultos é o caso do Ioga con 112, Zumba con 150, Funcional con 33 e Pilates con 106. No apartado infantil o Zumba tamén está completo con 44.
Pola contra, aínda quedan prazas libres no resto: en Baile, ás 19:30 e ás 20:30 horas, hai 38 matrículas e quedan libres 7 prazas; en Taichi, ás 9 horas, hai 38 matrículas e quedan libres 3 prazas; en Mantemento, ás 20:30 horas hai 93 e quedan libres 11 prazas; en Ponte en Forma hai 16 e quedan libres 4 prazas; e en Rehabilitadora hai 5 matrículas e quedan libres 14 prazas. En Rítmica para nenos, ás 18:45 horas hai 66 e quedan libres 7 prazas; e en Multideporte hai 11 e quedan libres 16 prazas.
A día 3 de outubro, en total son 714 o total de matriculados, 591 adultos e 123 nenos.