ConcellosPetínÚltima hora

100.335 euros do IDAE para a renovación do alumeado público de Petín

O subdelegado do Goberno en Ourense visitaba esta mañá este municipio valdeorrés

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, desprazouse esta mañá ao Concello de Petín. Alí mantivo un encontro coa alcaldesa, Raquel Bautista, e coa corporación municipal, para presentarlles as liñas habilitadas polo Goberno para os concellos, supervisar os investimentos estatais neste municipio e coñecer as súas demandas e opinións.

Emilio González puxo Petín como exemplo da aposta do Goberno polos pequenos concellos, “que están chamados a ser protagonistas da transformación de España hacia un país verde, dixital, sostible e cohesionado, para acadar os obxectivos do reto demográfico”.

Na mesma liña de transición verde, o subdelegado incluíu a axuda concedida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación da Enerxía IDAE. Esta axuda ascendeu a 100.335 euros e con ela o goberno local afrontou a mellora enerxética do alumeado municipal deste Concello.

A actuación, xa concluida, consistiu na substitución de luminarias de tipo tradicional por luminarias tipo LED de maior rendemento e eficiencia, xunto coa susbtitución de cadros de mando. Con ela, o consumo eléctrico deste concello diminuiu nun 70%.

Cobertura de internet de alta velocidade

Emilio González tamén avanzou o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno, a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e que tamén chegará a Petín. Esta acción forma parte do Programa UNICO-Banda Ancha, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

Detallou que o Programa UNICO-Banda Ancha facilitará a conexión de banda ancha con velocidade ultrarrápida a 262 familias e empresas de Petín, o que na práctica, supón a completa dixitalización do territorio municipal dotándoo de acceso con velocidades de 300Mbs.

Así mesmo, o subdelegado deu traslado á corporación tanto do plan rural de Correos que permitirá acercar os trámites das oficinas de Correos aos domicilios, como da creación no rural de Oficinas de Xustiza coa que se lle dará visibilidade aos xulgados de paz e poderán realizar funcións sen que os habitantes do rural se teñan que desplazar impulsando así a dixitalización e habitabilidade dos servizos do rural.

Artigos relacionados

Back to top button