
No mediodía deste xoves 12 de xuño infomaban dende o Concello da Rúa de que “fica restablecido o normal subministro de auga para todo o Concello”.
Despois das analíticas de confirmación realizadas na rede de abastecemento “confírmase que estamos a cumprir co parámetro de Ácidos Haloacéticos. Por iso, e segundo o estabelecido no Real Decreto 03/2023, procedemos a levantar todas as restricións ao consumo da auga en toda a zona afestada ata este momento”, aseguran no bando.
Tamén dende o Concello de Petín informan que “tralas analíticas de confirmación realizados en varios puntos da rede de abastecemento, confirmase que se cumpre co límite permitido do parámetro 5 Ácidos Haloacéticos (AHA), polo que segundo o establecido polo Real Decreto 03/2023 que comezou a controlarse neste 2025 xa podemos levantar a restrición dos usos alimentarios da auga en todo o municipio de Petín”.



