
Un ano máis a Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa quenta motores para o CarnaVrao que se celebrará os días 4 e 5 de xullo.
O venres será a cea popular na rúa Doutor Vila prevista para as 22:30 horas co acompañamento musical da charanga CLK e do grupo Tentempié que actuará despois. Como cada ano haberá o sorteo de 500 euros.
Ao día seguinte, sábado 5 de xullo será a quedan do desfile de comparsas cheo de música, cor e diversión a partir das 20 horas dende a rúa Campo Grande, encabezado pola Baturruka de Monforte de Lemos. Ese mesmo día a partir das 23:30 horas actuará a Banda do Camión. Ademais, o día 10 haberá misa en Fontei, coa bendición de coches.
As entradas para a cea (25 euros) poñíanse á venda na tarde deste venres 13 de xuño na tenda do Butano da Rúa.




