OurenseÚltima hora

O 58 Rallye de Ourense Recalvi quenta motores

A zona de asistencia así como a Dirección de Carreira están en Expourense

 

Todo está xa listo para a 58 edición do Rallye de Ourense, a terceira proba do S-CER que arrincará oficialmente mañá 18 horas rumbo aos tres primeiros tramos: Taboadela, A Merca-Celanova e Toén, aínda que na noite deste xoves 12 de xuño terá lugar a cerimonia de saída dende o Parque de San Lázaro.

 

 

Aí comezará a conta atrás para os 77 coches inscritos nesta edición nos que unhas horas os equipos técnicos facían os últimos axustes na zona de asistencia situada en Expourense, como é o caso do equipo estrela do rallye, Recalvi, e os seus pilotos José Antonio Suárez e Javier Pardo.

Aí está tamén a Dirección de Carreira co presidente da Escudería Ourense, Jano Fraga, e boa parte do equipo que o acompaña en cada edición do ROU como Pepe Sampayo, entre outros moitos.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button