ConcellosÚltima hora

233 persoas participan no cribado de Viana, Vilariño e A Veiga

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de facer públicos os datos de participación do cribado poboacional de coronavirus realizado na tarde deste mércores 25 de agosto (entre as 16h. e as 19h.) no polideportivo de Viana do Bolo, que estaba dirixido a veciños entre 12 e 39 anos deste municipio, así como aos de Vilariño de Conso e A Veiga.

A este cribado, que se organizaba contando coa colaboración do Concello de Viana do Bolo, acudían unhas 233 persoas dos tres municipios. Os resultados coñeceranse mañá, xa que se trataba de probas PCR.

No cribado contábase con cinco enfermeiras e establecíase un circuíto de entrada e de saída ao polideportivo para evitar cruces entre ás persoas que acudían a facerse o test. “Puxemos todos os medios a disposición do Sergas para facilitar o cribado”, comenta o alcalde de Viana, Abelardo Carballo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button