DeportesÚltima hora

Saturnino González (Ourense Atletismo) logra o récord de España en 5km ruta en M65, nos Santiños do Barco

 

Con récord de España remataba a XVIII Carreira Popular dos Santiños, no Barco, cun circuíto homologado en 5 km. Algo que lle permitía nesta edición ao atleta veterano Saturnino González (Ourense Atletismo) bater o récord de España nesta distancia na súa categoría, a M65.

Así, facía unha espectacular marca de 17.58. A anterior marca estaba en 18.01. Era ademais o cuarto clasificado absoluto da proba nesta ocasión.

Fotos: A.R.

 

Back to top button