CarballedaConcellosÚltima hora

35 nenos desfrutan do campamento de verán de Carballeda de Valdeorras

 

Dende divertidas e refrescantes mañás nas piscinas de Sobradelo, pero tamén obradoiros e actividades lúdicas e educativas. Ata 35 nenos, de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos, participan nestas datas estivais no campamento de verán de Carballeda de Valdeorras. Son cativos do municipio, pero tamén hai algúns con familia na zona e que, este ano podían tamén anotarse grazas a unha modificación que o Concello facía na normativa.

 

 

“Son nenos que veñen a pasar o verán aquí e quixemos tamén incorporalos para que poidan participar nas actividades e ao mesmo tempo coñecer a súa zona de orixe, desfrutar dela e mesmo integrarse aquí, xa que nos gustaría que no futuro volverán a instalarse neste municipio”, destaca a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González. O campamento dispón de 3 monitoras pendentes en todo momentos dos rapaces, que se organizan en grupos por idades.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button