OurenseÚltima hora

VI Salón do Automóbil en Expourense

A feira de vehículos novos celebrarase do 3 ao 5 de outubro
Salón do Automóbil en Expourense.
Salón do Automóbil en Expourense.

Esta fin de semana (do 3 ao 5 de outubro), Expourense acollerá o 6º Salón do Automóbil Novo. Unha cita que contará coa participación como expositores de tódolos concesionarios da provincia asociados a A.C.A.U.T.O. En total participarán unha vintena de empresas que engloban en total 23 marcas de vehículos: Alfa Romeo, Audi, BMW, Dacia, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Kia, Land Rover, Mazda, Mercedes-Benz, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo. Tódalas marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2015.

A inauguración será hoxe, venres día 3 ás 12h. e contará coa presenza da directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez Abeal; do presidente en funcións do Comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada Rúa; e do presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. Ramón Seijas Pérez.

O horario da feira, na que o público poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán e comparar opcións antes de realizar a compra, será o venres 3 de 11 a 20h, o sábado 4 de 10 a 20h. e o domingo 5 de 11 a 20:30h. O prezo da entrada será 4 euros para os adultos mentres que os menores de 12 anos poderán entrar de balde.

Na vindeira fin de semana, do 10 ao 12 de outubro, o recinto feiral de Expourense acollerá o 6º Salón do Automóbil de Ocasión.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button