
Esta fin de semana celébrase en Valencia o campionato de España de karate Cadete, Júnior e Sub21 que contará con representación valdeorresa.
Polo River Stone do Barco de Valdeorras participan Nazan Barreda, Diego Prada, Cloe Yáñez e Brian Rodríguez, acompañados coma sempre polo adestrador e seleccionador galego de kata, Nicolás Rodríguez.
A competición será en dúas xornadas, venres 27 e sábado 28 de novembro no pavillón Fuente San Luis.
