En portadaÚltima hora

Asilival volve manifestarse no Barco para pedir un servizo propio de Neumoloxía para o Hospital de Valdeorras

 

Continúan as mobilización da Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) para demandar que se dote ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco, dun servizo propio de neumoloxía. Neste xoves a entidade convocaba unha nova manifestación, que partía ás 11h. do centro hospitalario e finalizaba contra as 11:20h. na praza do Concello do Barco. No percorrido a frase máis coreada era: “Queremos un servizo de Neumoloxía para Valdeorras”.

O tráfico estaba regulado pola Policía Local e tamén se contaba coa presenza da Garda Civil.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Back to top button