
O Concello de Parada de Sil vén de facer entrega dunha nova vivenda rehabilitada en alugueiro accesible, situada en Hedrada, a unha familia, procedente de Barcelona con dous nenos. “É a última de oito e seguiremos rehabilitando e alugando, xa que temos demanda”, sinala o seu alcalde, Aquilino Domínguez.
Esta actuación finánciase coa colaboración da Deputación de Ourense, a Conselleria de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e con fondos Leader a través do GDR.
No acto estivo presente, ademais de alcalde e a familia, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, representantes do proxecto Arraigo cos que contactou directamente o Concello para que buscarán familias que queiran vir.
