
Con diversas propostas pensadas para todas as idades celebrarase o 23 de abril o Día do Libro na Biblioteca Municipal da Rúa. Entre elas está a exposición de marcapáxinas que poderá visitarse nestas instalacións culturais ata o 23 de maio. Ademais ás 9:30 h. levarase a cabo a actividade “Alicia en el País de las Maravillas” para nenos de 3,4,5 anos do Colexio Pablo VI-Fátima de A Rúa.
A media mañá será o turno dun grupo de estudantes de ESO e Bacharelato do IES Cosme López que participarán ás 11:30h. no “CreaCANcións!” con Miguel Ángel Alonso, unha iniciativa incluída no programa Ler Conta Moito.
Ademais pola tarde ás 17:00h. haberá actividades arredor da obra “El Quijote” de Miguel de Cervantes e tamén unha Ludoteca Municipal para cativos con idades de 3 ata 10 anos. Ao mesmo tempo das 16:00h. ás 20:00h. desenvolverase o Maratón de lectura de “ El Quijote”, para todas as idades. Os participantes recibirán un diploma e un marcapáxinas como agasallo.
Estas actividade serán promovidas dende a Biblioteca Pública Municipal da Rúa.