ConcellosÚltima hora

Cine, exposicións, festivais e obradoiros, no xuño de Trives

A programación incluirá un desfile de moda promovido polo CIM o día 12
Detalle do folleto da programación do Concellod e Trives para o mes de xuño.
Detalle do folleto da programación do Concellod e Trives para o mes de xuño.

Cun amplo abano de suxerencias para todas as idades se desenvolverá o mes de xuño en Trives. O programa comezaba o 2 cunha charla sobre o Alzheimer e continuará o 10 de xuño cun obradoiro sobre “A Imaxe da Muller a través da Historia”, que será impartido por Carmen Armada e organizado polo Centro de Información á Muller (CIM). Terá lugar ás 16:30h. na sala de actos do edificio anexo ao Concello trivés.

Ademais para o 12 de xuño está previsto un desfile de moda promovido polo CIM. Levará por título “Trives está de Moda” e desenvolverase na praza do Reloxo ás 19:30h.

Por outra banda, o 18 de xuño celebrarase a festa fin de curso da ANPA O Recreo e das Escolas Deportivas do Concello. Ambas faranse no patio do CEIP Manuel Bermúdez Couso entre as once da mañá e as cinco da tarde. Así mesmo o 21 de xuño poderá asistirse ao festival de fin de curso do Ximnasio TriveSport ás 19h. no Auditorio Julio Vázquez e xa o 24 de xuño ao da Escola Municipal de Música, no mesmo lugar e con idéntico horario.

O cine tamén estará incluído nas actividades preparadas polo Concello de Trives para o mes de xuño. Así o día 26 proxectarase “Blackhat” ás 22h. no Auditorio e o día 26 “Paddington Bear”, ás 19h.

Ao mesmo tempo durante este mes estará aberta ao público no edificio Santa Leonor unha exposición de museos e centros etnográficos da provincia de Ourense.

Back to top button