Supón un investimento de 94 millóns de euros
Especialización, novos produtos, modernas infraestruturas e promoción. Son as principais liñas estratéxicas do Plan “Ourense é a provincia termal”, cuxa presentación tiña lugar o 4 de xaneiro. O acto celebrouse no Teatro Principal de Ourense e contou coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e coa do presidente da Deputación, Manuel Baltar, entre outras autoridades.
Este plan está orzamentado en 94 millóns de euros para situar á provincia de Ourense no mapa internacional do termalismo.
Texto: O Sil/Redacción Ourense Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil).