CulturaMúsicaÚltima hora

Semana Santa ao vivo, en Allariz

Dende obradoiros de cociña ou cerámica ata visitas guiadas, música e mercados nas datas da Semana Santa na vila
Cartaz das actividades da Semana Santa en Allariz.
Cartaz das actividades da Semana Santa en Allariz.

Moitas e moi diversas son as propostas do programa deseñado polo Concello de Allariz para as datas da Semana Santa. Dentro del ten un protagonismo de seu a música, cunha serie de actuacións que terán como escenario o casco vello desta vila ourensá entre os días 17 e 20 de abril (cun horario de 12h. a 14h. e de 18 a 20h.). Así poderá escoitarse o son de Pardedous (jazz), Lúa Branca (música lixeira), Blues do país (blues),Ghaveta (folk), Fiddleloop (pop, rock), Miguel Alonso (cantautor) e Jenni e Nico en acústico (rock, pop).

Asemade haberá actuacións en locais de hostalaría, obradoiros para nenos (cunha cuota de inscrición de 3 euros) de cociña ecolóxica, de broches e chaveiros e de animaliños feitos con material de refugallo e visitas guiadas ao Rexo. O programa complétase cos mercados da Reserva da Biosfera (na praza de Abastos) e de artesanía (Patio do Museo do Coiro), cun obradoiro de cerámica (patio do Museo do Coiro) e con outro de pintura téxtil sobre zapatillas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button