
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, acompañado por dous voluntarios da agrupación municipal de Proteccion Civil (un deles o responsable, José Ángel Herrero) recollía esta mañá unha embarcación pneumática entregada pola Xunta ao Concello para posibles situacións de emerxencia no encoro de Santo Estevo.
Así, por unha banda, recibiron lanchas, ademais de Parada de Sil, os concellos de Bergondo, Cerceda, Mazaricos, Monforte de Lemos, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Ponteceso, A Rúa, Viana do Bolo e O Vicedo, mentres que entregábanse remolques aos concellos de Boimorto, Petín, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Tui, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras e Xunqueira de Espadañedo. O conxunto das dotacións representa un investimento de 336.138 euros.