Multitude de persoas dábanse cita na mañá deste soleado e caluroso domingo 1 de novembro no cemiterio de Fontei na Rúa, que lucía adornado con numerosas flores, para asistir á celebración relixiosa do Día de Todos os Santos e lembrar deste xeito aos seus seres queridos falecidos.
É a primeira vez que a celebración ten lugar pola mañá e antes da misa, o párroco, Daniel Pérez, informaba aos asistentes que se están a recoller donacións para facer obras de mellora no cemiterio, especialmente nas rúas centrais, bastante deterioradas. A recolecta durante a celebración, utilizarase para o mantemento e limpeza.

Fotos: Mónica G. Bellver.