OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense recollen uns 70 kg de lixo tras os magostos en Montalegre

 

Un ano máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense participaron na campaña 1m2 por la Basuraleza, coa que colaboran desde 2017.

Nesta ocasión a zona elixida foi o Cotoriño, en Montalegre, tras a celebración dos populares magostos. Tal como explican dende o grupo ecoloxista, recolleron uns 70 quilos de botellas de vidro, latas, plásticos, cabichas, etc, e “despois, con Amigos da Terra realizamos unha caracterización dos residuos, buscando o seu retorno en establecementos e non o seu abandono no monte”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button