ConcellosÚltima hora

Unha gran bola de luz era vista nesta madrugada na Rúa, entre outros puntos de Galicia

Desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía explicaron ao 112 Galicia que se tratou dun fenómeno atmosférico pouco frecuente, moi luminoso e que se desintegrou ao entrar en contacto coa atmosfera

 

O 112 Galicia rexistraba múltiples chamadas esta madrugada por un fenómeno atmosférico pouco frecuente. Así o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias contabilizou avisos deste suceso desde A Rúa, O Porriño, Vigo, Redondela, Pontevedra, O Saviñao, Oleiros, Beariz, Nigrán, As Neves e Taboada e A Rúa. Todos eles entre as 0:50 e a 1:15 horas desta madrugada.

“A maioría dos alertadores coincidiron no seu relato, explicando que se tratou dunha gran bóla incandescente en movemento que iluminou o ceo de cor verdosa ou avermellada e que finalmente se desfixo en anacos. De feito, moitos deles referíronse ao que acababan de contemplar coma un bólido ou meteorito”, tal e como informa o 112 Galicia.

Desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía explicaron ao 112 Galicia que se tratou dun fenómeno atmosférico pouco frecuente, moi luminoso e que se desintegrou ao entrar en contacto coa atmosfera.

Back to top button