
A Casa Museo Otero Pedrayo, situada en Trasalba, era escenario este sábado 31 de outubro do acto de doazón da artista valdeorresa Lola Doporto dun cadro seu de Castelao á Fundación Otero Pedrayo para que “os irmás permanezan xuntos”, xa que o pasado mes de setembro entregou un cadro de Otero Pedrayo. A obra de Otero foi donada durante a presentación da revista cultural “Nós, a Xente do Redor”, que a empregou na portada.

A pintora, natural de MIllarouseo (O Barco), dáballe a obra de Castelao ao presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, arroupada pola súa familia e amigos, e coa presenza do presidente de Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.
Fotos cedidas.
