
Despois dun tempo na emigración, Aquilino Domínguez Domínguez, natural da aldea de Lardeira (Carballeda de Valdeorras), decidía regresar á súa comarca natal e acaba asentándose no Barco. Era unha persoa con inquietudes, de feito apostaba por impulsar algunha iniciativa empresarial, e que estivo vinculada principalmente ao sector da lousa.
Este veciño da avenida Conde Fenosa da vila barquense era especialmente coñecido e querido no seu barrio, ademais era unha persoa moi alegre e que acostumaba participar, xunto a súa esposa Gabi, nas diferentes actividades e celebracións da zona, acompañados tamén polos seus grupos de amigos.
Aquilino Domínguez falecía o 20 de novembro no Barco aos 75 anos de idade. A súa capela ardente está instalada no Tanatorio Santa Rita do Barco. O seu funeral está previsto para o domingo 22 de novembro ás 11h. na igrexa de Santo Tirso, en Veigamuíños, despois será soterrado no cemiterio desta localidade barquense.