
Malia que inicialmente a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activaba un aviso amarelo por tormentas e chuvias, con probabilidade de pedra, a partir desta tarde na provincia de Ourense. Agora vén de actualizar ese aviso e de elevalo a laranxa no caso da montaña da provincia. Actívase a partir das 15h. e ten unha probabilidade de entre o 40 e 70%. Hai un “risco importante de tormentas que ocasionalmente poderían ir con pedra, que poderá ser grande.
Ademais prevese unha precipitación acumulada nunha hora de 20 mm.