O Concello de Manzaneda vén de iniciar as obras de “Mantemento do abastecemento do núcleo de Raigada” (previa comprobación de replanteo), “substituíndo a tubaxe existente deteriorada por tubaxe de alta densidade. Do mesmo xeito, coa instalación de diferentes chaves de paso, mellorase a sectorización do circuíto de abastecemento do núcleo de Raigada.
“Estas actuacións únense á xa executuda de instalación de sistemas de contadores e sistema de alarma no depósito, que nos permite monotorizar en tempo real o volumen de auga existente no mesmo”, indican dende o Concello de Manzaneda. As intervencións supoñen un importe de 47.879,70 € e están financiadas ao cen por cen por cooperación da Deputación de Ourense. Dende o Concello tamén se indica que “amentamos as pequenas molestias ocasionadas durante estas obras de mellora”.

