DeportesÚltima hora

135 arqueiros participan na Rúa na 2ª xornada da liga galega de tiro con arco en sala

 

Na xornada deste sábado 31 de outubro, A Rúa pecha o mes cunha competición de tiro con arco no pavillón municipal Victorino Núñez.

 

 

Un total de 135 arqueiros de clubs de toda Galicia e un de Bembibre (Leon), participan na 2ª xornada da liga galega de tiro con arco en sala da tempada 2026/ 2027. Na sesión de mañá compiten as modalidades de Arco Espido, Arco Tradicional e Long Bow, así como as categorías U15 (Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil); e pola tarde farano as categorías U18 (Cadete), U21 (Júnior), Sénior e 50+ (Veterano) de Recurvo e Composto.

 

 

A competición está organizada polo club rués Arqueiros do Sil que ten tres deportistas na competición: Juan Manuel Martín Reigada en Tradicional veterano; Luisa María Ríos en Tradicional Sénior; e Leo López Domínguez en benxamín.

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button