ConcellosÚltima hora

VII Romería no Chao (O Barco), na honra de San Pablo, do 28 ao 30 de xuño

Imaxe do xantar popular da romería do Chao do 2023.

 

Con verbenas e bailes, pero tamén con outras propostas como actividades infantís, un xantar popular ou un torneo de petanca celebrará a veciñanza do barrio barquense do Chao a súa VII Romería na honra de San Pablo entre os días 28 e 30 de xuño.

O programa comezará o día 28 de xuño ás 20h. con inchables e, a partir da medianoite, con verbena a cargo de Opium Discomóbil e Dj Israel. Ao día seguinte, 29 de xuño terá lugar ás 11h. un torneo de petanca, de novo hincables de balde ao longo da mañá, e ás 13h. a misa de campo na honra a San Pablo. Posteriormente, ás 14:30h. darase paso ao xantar popular. Ás 21h. haberá baile con discomóbil ememusic e logo verbena.

O 30 de xuño tamen haberá inchable para os nenos pola mañá e pola tarde e ás 20h., baile coa orquestra Costa Dorada.

 

Back to top button