O Concello de Manzaneda, a través da cooperación coa Deputación de Ourense, está a bachear e regar con firme asfáltico a estrada OU44005, dende a Corredoira e pasando por Paradela cara a estación de montaña ata o límite municipal de Manzaneda. “Estas obras son unha actuación prioritaria de cara ao acceso o núcleo rural de Paradela e á comunicación coa estación invernal, sendo estradas que debido á metereoloxía do inverno, e co esparexemento da sal, sofren un deterioro sufren un deterioro significativo da capa de rodaxe. As actuacións estanse a desolver coa maquinaria e persoal da brigada de zona da Deputación de Ourense”, indican dende o Concello.
Se o tempo o permite, está previsto que nesta semana queden rematadas as actuacións. Entre tanto, e aínda que as obras están perfectamente sinalizadas, dende o Concello pídenlle aos condutores que extremen as precacuacións se transitan pola citada estrada.
Obras de mantemento na rede de abastecemento en Raigada
Por outra banda, nestes días remátanse as obras de mantemento na rede de abastecemento en Raigada que, cun orzamento de 47.879,70 € financiado ao cen por cen pola Deputación de Ourense, permitiron a renovación de 500 m da tubaría de abastecemento existente deteriorada, “por tubaría de polietileno de alta densidade; incluíndo a reposición do firme afectado pola escavación das gabias.
Do mesmo xeito coa instalación de diferentes chaves de paso, mellórase a sectorización do circuíto de abastecemento do núcleo de Raigada”, indican dende Concello.
Estas actuacións unidas ás xa executada e financiadas polo fondo de cooperación local da Xunta de Galicia de instalación de sistemas de contadores e sistema de alarma no depósito, “permítennos monotorizar en tempo real o volumen de auga existente no mesmo, o que permite minimizar as perdas de agua de abastecemento”, asegura o Concello de Manzaneda.

