Ultímase o programa da XVI Feira Medieval de Tremiñá (O Barco), prevista para a fin de semana do 13 e 14 de xullo, que chega ademais con novidades. Unha delas será o I Concurso de Tortillas Españolas, previsto para o 13 de xullo ás 19h., e que xurde a iniciativa dun veciño de Tremiñá que fai concidir con esta celebración popular.
“Poderán participar co seu nome empresarial ou particular. Cada participantes debe aportar como mínimo 2 tortillas, non hai máiximo de número de nin de sabores de tortilla. Teñen que ser como mínimo dun prato normal de menú”, segundo as bases.
Será un xurado formado por cinco persoas o que, por votación, escollerá as tortillas premiadas. “Unha vez finalizada a degustación, serviranse entre outros produtos, gratuitamente, ao público existente”.
A presentación será no posto de Apartamentos Turísticos Tremiñá e os premios aos que poderán optar os participantes son os seguintes: 1º 150 euros, 2º 75 euros, 3º 50 euros, 4º 30 euros.
