Ata a veciña comarca do Bierzo desprazábanse neste martes 16 de xullo os nenos e nenas participantes no campamento de verán de Carballeda de Valdeorras. Entre as actividades da xornada figuraba unha visita a Ponferrada para ver, entre outras zonas, o castelo templario, percorrendo as súas diferentes dependencias.
Despois, desfrutaban dun picnic nunha paraxe natural próxima a Toral. Tampouco faltaba o tempo de lecer de xogos nunha xornada na que os máis pequenos achegábanse a elementos patrimoniais e de natureza de zonas lindantes con Valdeorras.
Fotos cedidas.
