ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo por tormentas en Valdeorras con probabilidade de pedra, nesta tarde

Avisos activados pola Aemet neste luns./ Fonte: Aemet.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de activar un aviso amarelo por tormentas a partir das 12h. deste luns 29 de xullo e ata as 22h. en Valdeorras, así como nas zonas da Montaña de Ourense e Miño de Ourense, ademais do Sur de Lugo e na veciña comarca do Bierzo.

No caso de Valdeorras, a previsión da Aemet, cunha probabilidade entre un 40 e un 70%, indica unha  precipitación acumulada nunha hora de 15 mm., con probalidade de pedra.

Back to top button