ConcellosQuirogaÚltima hora

Castrexos e romanos reencóntranse en Margaride (Quiroga), na XII Festa do Ouro

Numerosas persoas están a desfrutar desta singular celebración que lembra o pasado romano da localidade, ligado á minería aurífera das Covas

 

Castrexos e romanos volven poboar as rúas de Margaride (Quiroga) na xornada deste 17 de agosto. A localidade viaxa dous mil anos atrás no tempo para celebrar a súa XII Festa do Ouro na que conmemora as súas orixes, ligadas á explotación aurífera na época do Imperio.

O programa festivo iniciábase coa misa en latín na capela da localidade ás 11:30h. e, a partir das 12h., dábase paso á tradicional visita ás adegas coa música de gaiteiros. Un animado percorrido que enchía localidade de festa. E ás 14:30h. comezaba o xantar no campamento castrexo-romano, xunto ás Covas do Medo, a base de polbo e churrasco.

 

Xa pola tarde haberá xogos entre castrexos e romanos, logo virá a actuación infantil do “Deime, o Mago Castrexo” e a proposta “Na busca do ouro”, tamén para a cativada.

 

 

Posteriormente, ás 18:30h. darase paso a unha conferencia na Cova do Medo a cargo de Luís Francisco López González, doutor en Arqueoloxía e natural de Torbeo (Ribas de Sil). O programa continuará coa animación festiva do Dj Kola ás 20h., seguida da cea popular, e xa sobre ás 23h. comezará a “nox terrorem” con rituais celtas e queimada. O broche da celebración porase cunha verbena da man de La Indirigible.

Esta Festa do Ouro está novamente organizada pola Asociación de Veciños de Margaride.

Fotos: O SIL.

 

 

 

 

Back to top button