ConcellosTrivesÚltima hora

A alcaldesa de Trives reúnese con representantes da Brigada Galicia VII

No encontro, ao que tamén asistía o tentente de alcaldesa, deuse a coñecer o labor que está levando a cabo o exército no concello, de apoio, supervisión e control na prevención de incendios

 

A alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, e o tenente de alcaldesa, Aarón Álvarez, recibían esta mañá na Casa Consistorial ao xeneral Pardo de Santillana, xefe da brigada Galicia VII, Brilat. No encontro dábase a coñecer o labor que está levando a cabo o exército no municipio, “de apoio, supervisión e control na prevención de incendios, empregando mesmo medios aéreos non tripulados co obxectivo de minimizar riscos”, segundo informa o Concello de Trives.

Os efectivos militares realizan, segundo lle explicaron á alcaldesa e ao concelleiro de Trives, a supervisión e control da zona para apoiar na vixilancia e prevención do lume, un traballo que ambos responsables municipais agradeceron.

Back to top button