Como marca a tradición, un ano máis as Calantornias (unha parella de xigantes) e un grupo de cabezuados abrían a procesión do Nazareno no mediodía deste 14 de setembro, acompañados pola música. Esta singular comitiva partía dende o Teatro Lauro Olmo e despois continuaba pola estrada xeral ata chegar á praza de San Mauro e incorporarse á procesión.
Fotos: A.R.