A GudiñaConcellosÚltima hora

Incendio forestal en Pentes (A Gudiña), que afecta xa a unhas 150 hectáreas

 

Dende as 13.18 horas deste 16 de setembro está activo un incendio forestal no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, ten unhas 150 hectáreas de superficie afectada.

Polo momento mobilizáronse 4 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 4 pas, 2 técnicos, 10 helicópteros e 8 avións.

 

Foto: @BrifLaza.

 

Laza-Trez

Está estabilizado, dende as 18.01, o incendio forestal do concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que se iniciou ás 19.22 horas de onte domingo. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de en torno a 60 hectáreas. Para a súa estabilización mobilizáronse ata o de agora 15 axentes, 28 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 1 técnico, 7 helicópteros e 4 avións.

Entrimo-Venceáns

O incendio forestal do municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, quedou extinguido ás 19.58 horas e afectou 0,01 hectáreas de raso dentro do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Este lume, iniciado ás 14.20 horas de hoxe, foi unha reprodución do incendio rexistrado o pasado 4 de setembro no mesmo lugar tras iniciarse en Portugal. Para a súa extinción mobilizáronse 1 axente, 5 brigadas, 3 motobombas, 1 helicóptero e 2 avións.

Back to top button