
Dende o Xeoparque Montañas do Courel vén de anunciarse o resultado da misión de avaliación da Unesco pasado mes de xullo. Este conxunto revalida o seu recoñecemento como Xeoparque Mundial da Unesco por outros catro anos.
“Seguimos adiante. Temos a nosa tarxeta verde/green card. O Xeoparque Montañas do Courel segue na rede mundial de Xeoparques da Unesco”, aseguran dende Montañas de Courel, dende onde agradecen o apoio e a participación “nesta viaxe apaixoante”.