
Os problemas de vivenda para asentar poboación no territorio, detectados nos dous anos de desenvolvemento da iniciativa Ourense Rural é vida, levan ao Concello de San Xoán de Río, como sede principal do proxecto, a crear unha oficina de rehabilitación enerxética a través da colaboración público-privada. Esta mañá tiña lugar no centro cultural Marcos Valcárcel, tivo lugar a xornada de presentación desta oficina, ABEIRO.
A iniciativa nace co principal obxectivo de dinamizar á poboación a través do asesoramento gratuíto nas axudas e subvencións para a rehabilitación enerxética existentes a través dunha rede de empresas especializadas que axudarán a por en valor o parque de vivendas dos concellos sede do proxecto.
Na xornada participaron os Concellos de Taboadela, A Teixeira, Oímbra, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Boborás, Punxín, Muíños, Vilariño de Conso, Larouco e Porqueira, capitaneados polo Concello de San Xoán de Río, e adheridos ao proxecto que tiveron a oportunidade de escoitar da man dos seus promotores as principais características desta oficina de carácter público-privado.
Todas as persoas da provincia que desexen recibir información ou ser asesoradas a través desta iniciativa poden acceder a https://plataforma3r.com/otes-abeiro/ onde poderán contactar con persoal experto.
No día no que se celebra o 9º aniversario da aprobación da Axenda 2030, os Concellos do rural dedicaron un momento a alzar a súa bandeira sumándose así a campaña de Pacto Mundial #ODSporBandera para recordar a importancia de sumar para alcanzar os Obxectivos, sendo un bo exemplo esta oficina centrada na eficiencia enerxética.