A chegada da chuvia, o remate da vendima ou a recollida dos primeiros cogomelos. Son algunhas das escenas propias de outono que, co cambio de estación, se recrean botando man da artesanía e da creatividade nos xardíns temáticos de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

Tampouco faltan imaxes de caza, a recollida dos primeiros ourizos que conteñen as saborosas castañas ou as chiscadelas dalgún esquío dende a ponla dunha árbore. Sen dúbida, un xeito diferente de descubrir a maxia esta estación recén estreada.
Fotos cedidas.
