Pola Fraga do Navea (San Xoán de Río) discorría a ruta de sendeirismo que abría a xornada de actividade de “Sábeme a… San Xoán de Río”, que se desenvolvía o 28 de setembro neste municipio. Tratábase dunha actividade de promoción dos valores naturais, culturais e gastronómicos financiada polo GDR Sil-Bibei-Navea. Previamente tiña lugar unha recepción no Concello aos participantes, chegados de diferentes partes de Galicia.
“Fixemos o bucle curto da Ruta da Fraga do Navea, saíndo da localidade do Campo (San Xoán de Río). Estivo guiada e interpretada por Surbia Natura, interpretouse todo o que é a fraga, o reboleiro, fauna, flora e logo fixemos unha interpretación especial dos castiñeiros e da súa vinculación coa historia e coa cultura galega, abordando a súa presenza na toponimia, refraneiros… Tamén organizamos un par de xogos interpreativos e relacionados coa castaña en Ourense”, explican dende Surbia Natura.

Despois da ruta tiña unha degustación de produtos locais que erapreparada por Bar O Cruceiro e tamén houbo mercadiño de produtos locais neste mesmo establecemento.
Posteriomente, os participantes visitaban a zona da Ponte Navea romana e fíxose unha interpretación da espada de Mouruás, por parte do propio alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, falaba da historia da espada e tamén da relevancia da Via Nova, que percorre esta zona, e da minería de ouro romana que é moi abundante na zona de Río.
Fotos cedidas.