
Na compaña da súa familia, Pepa, veciña de Castro Caldelas vén de celebrar o 30 de setembro o seu aniverario no que cumpre 105 anos. “É nha muller que foi e é moi alegre. A primeira en bailar, a primeira en disfrazarse no Carnaval e no día 8 das Festas dos Remedios, a primeira en disfrutar da vida”, destaca a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, que a felicitaba persoalmente na súa casa e lle entregaba un agasallo, acompañada pola concelleira de Servizos Sociais.
Enseguida recoñecía a rexedora e chamábaa polo seu nome, mandaba poñer as flores na súa mesiña de noite e, pese ás súas dificultades de oído mantiña cunha conserva con ela.
Acompañada polas súas fillas, netas e familia disfrutaba do seu anaco de tarta de aniversario arrodeada de cariño, bicos e apertas. E por suposto, quedaba citada coa alcaldesa para celebrar o ano que ven os seus 106 anos.
“Longa vida á señora Pepa, unha caldelá encantadora que vai camiño de acadar o récord de 107 anos de vida que lograba a muller máis lonxeva do Concello”, indica Sara Inés Vega, comentando ademais que nestes mes de outubro outra veciña de Castro Caldelas cumprirá 103 anos.