CulturaCulturaÚltima hora

Yolanda Castaño ofrecerá un recital poético multimedia na Pobra do Brollón

Cedida.

Este sábado ás 18:30, Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecerá un recital na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón.

Trátase dunha proposta novidosa ao apoiarse nas novas tecnoloxías, o son e a linguaxe audiovisual, que pretende conectar con todo tipo de públicos, máis ou menos versados no xénero poético.

O evento, de acceso libre, está organizado pola Biblioteca municipal Antonio Reboiro e enmárcase no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Back to top button