ConcellosQuirogaÚltima hora

O V Qui-Medo xa supera os 1.000 inscritose pasará por 9 terroríficas casas

 

Imaxe dunha edición anterior./ Cedida.

 

A singular proposta Qui-Medo, que mantén aberto o prazo de inscricións ata o 24 de outubro, xa supera os 1.000 inscritos. A nova edición desta ruta – festa do terror que se celebrará o 26 de outubro promete un ano máis medo, terror e diversión, pero sobre todo un evento único, algo que xa comezou a vivirse nas pasadas edicións cando se sobrepasou o milleiro de participantes, segundo indica o Concello de Quiroga.

Sen dúbida o V Qui-Medo que promete ser máis terrorífico, máis divertido e máis festeiro que nunca, seguirá sendo unha das grandes festas do Samaín en Galicia xa que ata esta festa achéganse participantes de toda a autonomía e tamén de moitos lugares de España.

Os ousados participantes terán que realizar unha ruta que os levará por nove terroríficas casas dentro do casco urbano de Quiroga, unha máis que na pasada edición. Dentro destas casas moitos voluntarios debidamente caracterizados coa única misión de poñerlle medo, moito medo, a todos os que se atrevan a entrar.

Os organizadores xa comezaron a anunciar o nome das casas para irse facendo unha idea do que se pode atopar dentro. A primeira das casas será A Pirámide, Despois da Casa da Momia no Quimedo 4, agora chega esta nova casa na que se entrará na cámara funeraria da gran pirámide para descubrir se o faraón segue vivo.

A segunda das casas dada a coñecer terá unha localización inédita. Na “Xungla” ao animais rebélanse ante a deforestación que está a sufrir o seu hábitat por culpa dos humanos. A terceira das casas leva por nome “O BARCO PIRATA”. Hai moitos séculos uns piratas pagaron coa súa vida o atopar un tesouro, dende entón custodian o seu barco e o seu tesouro sen deixar que ninguén se achegue. A cuarta casa, última das dadas a coñecer ata o momento, tamén cunha localización inédita, é a “Apocalipse zombi”, onde a policía tenta deter a rebelión dos presos zombis.

En vindeiros días a organización do QuiMedo irá presentando as distintas pasaxes do terror ata completar o total de nove casas que conforman esta terrorífica edición.

Back to top button