
Os estudantes da ESO contan dende hoxe cunha ferramenta máis para coñecer a fondo a provincia de Ourense grazas ao programa escolar “Coñece Ourense”, da Deputación. A través desta iniciativa, os rapaces poderán facer viaxes e itinerarios polos puntos máis emblemáticos do patrimonio arquitectónico, histórico e natural da provincia. O primeiro itinerario tivo lugar esta mañá, no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa “Lansbrica”, en San Cibrao de Lás. Até alí tamén se desprazou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, que explicu que o obxectivo é que os estudantes coñezan “elementos da nosa cultura, patrimonio e etnografía”.
Segundo datos facilitados pola Deputación, o programa “Coñece Ourense” xa conta con máis dunha trintena de viaxes planificadas para levar a cabo polas cinco rutas deseñadas. Os colexios interesados en participar poden anotarse aínda para realizar algunha delas, que contemplan os seguintes municipios: O Carballiño-Ribadavia, Verín, Bande, Ribeira Sacra ourensá e O Bolo-Manzaneda.
A este primeiro percorrido inaugural tamén acudiu o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez, a coordinadora da actividade, Olalla, Lorenzo, e os profesores e alumnos do colexio Santo Ángel de Ourense, que foron os primeiros en gozar desta aventura.