ConcellosManzanedaÚltima hora

Obras de mellora en dúas estradas municipais de Manzaneda

 

O Concello de Manzaneda vén de adxudicar contratos de mellora de estradas municipais. Por unha banda mellorarase a capa de rodaxe no primeiro tramo estrada de acceso a Borruga dende o entronque coa estrada provincial OU 0701 na Corredoira, así como o camiño de acceso ao núcleo de San Pedro, tal e como se informa dende o Concello.

Estas actuacións realízanse ao abeiro do plan mellora de camiños municipais 2024 da Axencia Galega de Desenvolvemento por importe de 26.082 euros.

Por outra banda, vaise mellorar a capa de rodaxe da estrada que une o núcleo de Borruga con Placín por un importe de 49.900 euros con cargo ao plan de cooperación de obras en servizos básicos municipais Cooperou 2024.

Ambas obras comezarán nos vindeiros días aproveitando as boas condicións meteorolóxicas sen chuvia nin excesiva oscilación térmica, que perxudicaría o acabado da mestura bituminosa do firme. As obras serán sinalizadas convintemente. Dende o Concello tamén se indica que deberase extremar a precaución ao circular por ditas vías e no caso de precisarse corte puntual ao tráfico rodado informarase previamente por parte do Concello de Manzaneda.

Back to top button