O Barco era o punto de partida da viaxe que realizaba a Valdeorras na mañá do 8 de novembro o voceiro do grupo socialista no Parlamento de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro. No edificio multiusos da vila mantiña unha xuntanza con alcaldes socialistas e concelleiros do oriente ourensán, así como con outros representantes do partido a nivel provincial e galego. No seu decurso recollía informació de cara a emendar os orzamentos da Xunta tendo en conta as demandas valdeorresas.

Despois, desprazábase ata Vilamartín, onde visitaba o magosto de Asfaval, e logo viaxaba ata o Concello de Petín, onde era recibido pola alcaldesa e membros do grupo de goberno socialista, e finalmente ía á Rúa.
Fotos: O SIL.
