
Nesta segunda fin de semana de novembro o Comité Galego de Xuíces organizaba cursos autonómicos de xulgamento de marcha en probas locais en Ourense e na Coruña, impartidos pola xuíza Dolores Rojas.
No caso da sede ourensá, esta acción formativa tiña lugar neste sábado 9 de novembro e nela participaban unha decena de xuíces da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo.