ConcellosÚltima hora

Campaña solidaria a favor de Cáritas para familias necesitadas da zona, na Fraternidad Muprespa, no Barco

 

Ponse en marcha unha nova iniciativa solidaria de recollida de alimentos para familias necesitadas da zona de Valdeorras. “Unha vez máis, a xenerosidade dos valdeorreses servirá para conseguir que en ningunha mesa falte comida en datas tan sinaladas como o do Nadal. Para iso, no centro asistencial da Mutua colaboradora da seguridade social Fraternidad Muprespa no Barco de Valdeorras, instalouse, en colaboración con Cáritas Diocesana, unha caixa para a recollida de alimentos non perecedoiros con destino ás familias necesitadas”, explican os promotores da iniciativa.

Esta caixa permanecerá ao dispor de todos aqueles que queiran realizar a súa achega no horario de apertura deste centro (de 9:00h. a 14:00h. e 16:00h. a 18:30h. de luns a venres) ata o día 21 de decembro.

Back to top button